TURISMO

O Campionato de España de Dardos traerá a Santiago a máis de 2.500 participantes

25/06/2014

Santiago será a sede do Campionato de España de Dardos, que se celebrará entre o 13 e o 16 de novembro no Recinto Feiral de Amio. No campionato participarán máis de 2.500 persoas, polo que se asegura un volume de pernoctacións moi elevado na cidade para mediados de novembro. Santiago será a sede da competición durante os próximos catro anos, de tal xeito que a cidade se converterá no destino de referencia para todos os xogadores federados en España, que na actualidade son uns 56.000.

Ler máis

EDUCACIÓN

Cento vinte nenos e nenas participan no programa de conciliación de verán da Concellería de Educación

25/06/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira Reyes Leis visitaron o CEIP das Fontiñas, onde se está a desenvolver o programa de conciliación laboral e familiar organizado pola Concellería de Educación. En horario de mañá, os 120 nenos e nenas participantes, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, divírtense cos xogos programados, pero tamén aprenden.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio conclúe a segunda fase da restauración das reixas da fachada principal do convento de Santa Clara

25/06/2014

Acaba de rematar a segunda fase da intervención no enreixado das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara. O obxecto das obras, promovidas polo Consorcio, era resolver as deficiencias existentes, pois boa parte das reixas estaban bastante deterioradas, algunhas mesmo con risco de caer á rúa. O orzamento global dos traballos de restauración ascendeu a 37.902 euros.

Ler máis

CULTURA

A Banda Municipal de Música e o Ensemble Residente do FIP presentan "América de Norte a Sur" dentro do Off Stellae

25/06/2014

A Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, e o Ensemble Residente do FIP, Festival Internacional de Percusión, dirixido por Juan Collazo, son os protagonistas do Vía Stellae para a xornada deste xoves 26 de xuño. Poderemos escoitalos a partir das 20:30h na praza da Quintana nun concerto que será de acceso libre e cun programa que leva por título América_de Norte a Sur e que xira arredor da inspiración folclórica indíxena e de percusión.

Ler máis
Compartir: