EMPREGO

Santiago tivo en marzo 771 parados menos que hai un ano

03/04/2014

O número de persoas paradas en marzo foi de 9.005, fronte ás 9.776 que houbo en marzo do 2013 e as 9.360 de marzo de 2012. En marzo houbo un descenso de 227 persoas rexistradas no paro respecto de febreiro, o mellor dato neste mes dende polo menos o ano 2006.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

María Pardo participa como ponente nunha conferencia sobre accesibilidade e turismo

03/04/2014

A concelleira da Área de Desenvolvemento Sostible, María Pardo, salientou o esforzo realizado desde o Concello por conseguir un turismo máis accesible e para todos. Como exemplo sinalou o ascensor do Mercado de Abastos, segundo edificio mais visitado da cidade, ou a rampla e o ascensor do Museo das Peregrinacións. A charla, organizada coa colaboración do Grupo de Cidades Patrimonio, celebrouse no Cersia.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

A zona de San Pedro estreará nova cara coa finalización das obras na rúa e a apertura ao casco vello do parque de Belvís

03/04/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbanos Sostible, María Pardo, visitaron o barrio de San Pedro, onde se están a acometer importantes cambios para mellorar a zona. En breve, rematarán as obras de urbanización da rúa de San Pedro e para o verán comezarán os traballos de demolición da Casa da Xuventude, cumplindo así un acordo decidido por unanimidade do Pleno da Corporación.

Ler máis
Compartir: