CONSORCIO

O alcalde visitou a capela de San Roque de Sabugueira, na Lavacolla, reformada polo Consorcio de Santiago

06/02/2014

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, acompañado da xerente do Consorcio, María Antón, visitou a capela de San Roque, situada na parroquia de Sabugueira, na Lavacolla. Comprobaron in situ os resultados dos traballos promovidos pola Oficina Técnica do Consorcio, centrados na recuperación do atrio ou soportal da ermida. Tamén estivo presente a arquitecta Idoia Camiruaga, responsable da coordinación do proxecto e da dirección da obra, cuxo orzamento global ascendeu aos 19.994 euros. As obras...

Ler máis

XUVENTUDE

Elixidos os 12 finalistas noveis do I Certame de Música SantiAutor

06/02/2014

Rematado o 28 de xaneiro o prazo de inscrición no I Certame de Música SantiAutor para artistas noveis, organizado pola Concellería de Xuventude xunto coa Sala Sónar, e reunido o xurado, este elixiu os 12 finalistas: Yeyo, Adán Jorge, Carlos Valiño, The L Adelines Garden, Rubén Artabe, Daniel Royo, David Prado, Su Garrido, Sheila Patricia, Miguel Alonso, Plan Siberia e Fátima Baña.

Ler máis

COMERCIO

Reunións informativas sobre as axudas para reforma de locais e implantación das TICs no ámbito do Urbana Santiago Norte

06/02/2014

O 28 de febreiro rematará o prazo de solicitude de axudas para a reforma de locais de negocio e implantación de tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) no ámbito do programa Urbana Santiago Norte. Con tal fin, realizaranse dúas reunións informativas: a primeira, este xoves 6 de febreiro, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural de Vite e, a segunda, o martes 11 de febreiro, á mesma hora, no Centro Sociocultural da Trisca.

Ler máis

CULTURA

Andrea Motis & Joan Chamorro Group ofrecen un concerto dentro do Sons’14 Jazz

06/02/2014

Dentro do ciclo Sons’14 hai este ano un apartado especial dedicado ao jazz que leva o nome de Sons’14 Jazz e que xa nos ofreceu un concerto dos composteláns Sumrrá o 25 de xaneiro. Agora, chegan Andrea Motis &Joan Chamorro Group, aos que poderemos escoitar este venres 8, desde as 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas para este concerto, a 15 euros (12 no anfiteatro) poden mercarse no despacho de billetes do propio Principal de 18:00 a 21:00 horas e en Novagalicia Banco (na web

Ler máis
Compartir: