REFUXIO DE ANIMAIS

O Concello aposta por manter o actual modelo de xestión do Refuxio de Animais

21/02/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a reunión do Padroado da Fundación do Refuxio de Animais de Bando, que acordou uns gastos para 2014 de 275.000 euros. O Refuxio seguirá mantendo o actual modelo de xestión compartida, pero dende o Padroado son conscientes da necesidade de buscar novas formas de financiamento. Unha das novidades do novo exercicio será a instalación dunha caseta permanente de información sobre o Refuxio no parque da Alameda.

Ler máis

SOSTIBILIDADE

A xestión auditada dos parques e xardíns ou a intervención na Selva Negra, modelos exportables a outras cidades europeas

21/02/2014

A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, deu conta da súa participación en Angers (Francia) na conferencia final do proxecto europeo Parkatlantic, celebrada os días 17 e 18 de febreiro. Neste encontro debateuse sobre os ecosistemas en zonas urbanas e a súa avaliación, e analizáronse deseños propostos para a creación de novas zonas verdes e de parques e xardíns.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde ve no selo do VIII centenario da peregrinación de San Francisco unha nova oportunidade de promoción do Camiño

21/02/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao acto de presentación do selo dedicado ao VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. O evento, celebrado no Hotel Monumento San Francisco, estivo presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tamén asistiu o presidente de Correos, Javier Cuesta.

Ler máis

CULTURA

Marlango e Lara Bello, propostas musicais para esta fin de semana

21/02/2014

As propostas musicais para esta fin de semana traen dous concertos do Compostela Rock e Sons’14 da man de Marlango e Lara Bello. Este sábado chegará á cidade, á Sala Capitol, o pop-jazz experimental de Marlango, que presentan o seu último traballo, Un día extraordinario, e o domingo poderemos escoitar a world music de Lara Bello, que terá como anfitrión ao compostelán Abe Rábade, un dos músicos que a acompañará sobre o Teatro Principal.

Ler máis

CULTURA

Última fin de semana para ver "O bosquexo do mundo" no Auditorio de Galicia

21/02/2014

Esta fin de semana poderá verse por última vez a mostra O bosquexo do mundo no Auditorio de Galicia, xa que domingo remata a súa estancia neste edificio. O bosquexo do mundo é unha exposición colectiva comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, e coproducida polo MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), o Auditorio de Galicia, e a Fundación Luis Seoane. Unha aposta polas mostras de produción propia que se fai extensible aos tres centros, como nova experiencia de coprodución...

Ler máis
Compartir: