DEPORTES

Presentación do cartel oficial do Campionato de España de Patinaxe de Grupos Show

20/02/2014

Santiago de Compostela será este ano 2014 o escenario do Campionato de España de Patinaxe de Grupos Show, organizado polo Club Deportivo Fontiñas en colaboración co Concello de Santiago. O evento desenvolverase os días 1 e 2 de marzo no Multiúsos Fontes do Sar, pavillón onde tivo lugar o pistoletazo de saída coa presentación oficial do cartel que presidirá estas xornadas de patinaxe a cargo do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e do presidente do C.D. Fontiñas, Javier Laíño.

Ler máis

MERCADOS

Mercagalicia obtivo un beneficio de 55.978 euros no exercicio 2013

20/02/2014

Mercagalicia (Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago, S.A.) celebrou o seu Consello de Administración, no que se presentaron as contas anuais e o informe de xestión correspondente a 2013. A sociedade obtivo un beneficio de 55.978 euros no pasado exercicio, motivado fundamentalmente polo aluguer de postos que en anos anteriores permanecían baleiros.

Ler máis

SOSTIBILIDADE

O Concello contratará un inventario sobre a iluminación da cidade na procura dunha maior eficiencia enerxética

20/02/2014

No Concello de Santiago existen 26.000 puntos de luz, repartidos nun ámbito de máis de 220 quilómetros cadrados por todos os viais do termo municipal, e 600 cadros de mando. Todos eles serán inventariados, xeoreferenciados e introducidos no inventario. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Sostibilidade en funcións, Cecilia Sierra, acompañada polo director da Área de Urbanismo e Infraestruturas, José Ángel Oreiro.

Ler máis

ECONOMÍA

Clausurado o programa formativo de creación e consolidación de empresas "Emprende en positivo"

20/02/2014

A concelleira de Economía, Reyes Leis, asistiu no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio á clausura do programa formativo de creación e consolidación de empresas e autoemprego Emprende en positivo. A posta en marcha deste programa en Santiago foi posible grazas a un convenio asinado polo Concello coa Cámara de Comercio e coa Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación Incyde).

Ler máis

CONSORCIO

A exposición de fotografías "Santiago de Compostela en branco e negro" amosa os contrastes arquitectónicos da cidade

20/02/2014

Presentouse na Casa do Cabido a exposición Santiago de Compostela en branco e negro, unha mostra de fotografías promovida por Teófilo Comunicación en colaboración co Consorcio da cidade. No acto de presentación estiveron a xerente do Consorcio, María Antón; o director de Teófilo Comunicación, José Luis Teófilo; e o autor das imaxes, o fotógrafo Alberte Peiteavel.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Nova exposición pictórica no Ensanche sobre o paisaxismo contemporáneo

20/02/2014

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a realización da exposición Iniciación á paisaxe contemporánea. Van Gogh, Braque e Szenes, organizada pola Concellería de Xuventude. Tamén se acordou a modificación das bases reguladoras da convocatoria de subvencións para reforma de locais de negocio e implantación de tecnoloxías da información e a comunicación (TICS) dentro do proxecto Urbana Santiago Norte.

Ler máis

ALCALDÍA

O Goberno municipal lamenta os actos violentos a raíz da manifestación estudantil desta mañá

20/02/2014

O Goberno municipal lamenta e expresa o seu máis firme rexeitamento aos actos violentos producidos en varias zonas da cidade ao paso da manifestación estudantil desa mañá. O balance destes actos é dun ferido leve a causa do lanzamento dun petardo e diversos danos materiais como consecuencia da rotura de cristaleiras de entidades bancarias, levantamento de tapas de sumidoiros e envorcado de colectores do lixo.

Ler máis

XUVENTUDE

Segunda final do Certame SantiAutor

20/02/2014

Este venres 21 de febreiro celebrarase a segunda das tres finais do I Certame de Música SantiAutor para artistas noveis, organizado pola Concellería de Xuventude xunto coa Sala Sonar. Nesta segunda xornada actuarán The L´Adelines Garden, Su Garrido, Plan Siberia e David Prado.

Ler máis
Compartir: