ALCALDÍA

O alcalde tomou nota das inquedanzas dos máis pequenos nun pleno infantil

20/11/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu a benvida ao Concello aos escolares que participaron nun pleno infantil para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos do Neno (20 de novembro), actividade organizada pola Concellería de Servizos Sociais en colaboración con Unicef. Nesta ocasión participaron 25 nenos e nenas do CEIP López Ferreiro e do Colexio M. Peleteiro.

Ler máis

ALCALDÍA

Agustín Hernández cualifica o protocolo para a restauración da Catedral como "unha das mellores noticias que Santiago ten recibido nas últimas décadas"

20/11/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou o protocolo para a restauración da Catedral de Santiago xunto co presidente do Goberno, Mariano Rajoy; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o deán-presidente do Cabido da Catedral, Segundo Pérez. Este acordo compromete unha achega de 17 millóns de euros por parte do Goberno do Estado.

Ler máis

CULTURA

Marcos Nine presenta "A viaxe de Leslie" en Galicia dentro de Cineuropa

20/11/2014

O director de Cineuropa, José Luis Losa, presentou esta mañá A viaxe de Leslie acompañado do produtor executivo do filme, Pepe Coira, e da autora da idea orixinal, Daniela Arias-Andreu, que ademais son os guionistas do mesmo. O filme terá a súa estrea en Galicia este venres 21 de novembro, dentro de Cineuropa. Será nun pase ás 18:15 horas no Teatro Principal, ao que se poderá acceder con invitación, que se pode retirar na billeteira do Principal de 15:30 a 22:00 horas.

Ler máis

CULTURA

A sección Panorama Audiovisual Galego, protagonista noutra xornada de Cineuropa

20/11/2014

Este venres, Cineuropa dedica unha ampla difusión ao actual e moi recomendable Panorama Audiovisual Galego. Ás 18:15 h, acudirá ao Teatro Principal o cineasta Marcos Nine para presentar e debater sobre A viaxe de Leslie, documental que indaga na misteriosa morte do actor Leslie Howard, que perdeu a vida o 1 de xuño de 1943, ao ser abatido o avión no que viaxaba por cazas alemáns.

Ler máis

CONSORCIO

O trompista británico Martin Owen formará neste instrumento a dez músicos galegos na Escola de Altos Estudos Musicais

20/11/2014

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do afamado trompista británico Martin Owen. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense dez prazas para músicos externos ao centro.

Ler máis
Compartir: