CONSORCIO

O Consorcio convoca a praza de director técnico da Real Filharmonía de Galicia

19/11/2014

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Diversos asuntos de trámite administrativo centraron a sesión, como o suplemento de crédito para as obras destinadas á renovación de carpinterías e limpeza da fachada sur do Pazo de Raxoi. Ademais, no programa de exposicións incorporouse a mostra "Gold, green and black", que acolle o Museo das Peregrinacións e de Santiago, centrada en...

Ler máis

ALCALDÍA

O programa municipal de Nadal incorpora unha edición especial de Compostela Gastronómica, o Mercado da Quintana e unha Árbore das Ilusións na praza Roxa

19/11/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, acompañado das concelleiras de Cultura, María Antón, e de Economía, Reyes Leis, presentou o programa de Nadal, que se iniciará o 5 de decembro co acendido do alumeado. Este ano, súmanse ao calendario destas festas novas propostas, como A Árbore das Ilusións, unha edición especial de Compostela Gastronómica ou o Mercado da Quintana, entre outras.

Ler máis

CULTURA

Concerto do Mississippi Mass Choir dentro dos ciclos Os Grandes do Gospel e Sons’14

19/11/2014

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou esta mañá Os Grandes do Gospel xunto a Luis Manjarrés, promotor do evento. Na rolda participaron tamén Mario Vega Ramírez, do Teatro Colón da Coruña; Luciano Fernández do Pazo da Cultura de Narón; e Olga Mojón do Teatro Principal de Ourense, todos eles lugares onde tamén haberá concerto dentro desta xira.

Ler máis

DEPORTES

O alcalde reafirma o apoio ao Circuíto CorreSan no marco da promoción municipal da actividade deportiva entre a poboación

19/11/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu na Cidade da Cultura á Gala na que se entregaron os premios do III Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Recibiron galardóns 74 corredores e corredoras e 11 clubs, centros escolares e equipos populares. Os gañadores absolutos foron, na categoría masculina, Pedro Nimo, e, na feminina, Purificación Bermúdez.

Ler máis

COMERCIO

O Concello dinamiza o comercio da zona norte da cidade con "Revive o barrio"

19/11/2014

O Concello de Santiago desenvolverá a finais de novembro e na primeira quincena de decembro a campaña Revive o barrio, dentro do proxecto Urbana Santiago Norte. O obxectivo principal da campaña é dinamizar á poboación dos distintos barrios de Santiago de Compostela para que coñezan a oferta comercial, nalgúns casos singular, dos barrios da zona norte, obxecto do USN. Trátase de animar ao cidadán para que se achegue a estes barrios, fortalecendo o tránsito da poboación local duns barrios a outros a...

Ler máis

CULTURA

Estrea de "Los colonos del caudillo", "Leviathan", "Turist" e "Blind" na xornada do xoves 20 en Cineuropa

19/11/2014

Este xoves haberá varias despedidas importantes en Cineuropa, pero tamén interesantes estreas. As últimas comezarán no Salón Teatro, con Los Colonos del Caudillo, que terá sesión dobre cun pase ás 16:15 e outro ás 00:15 horas. Este documental, dirixido por Lucía Palacios e Dietmar Post, narrado por Juan Diego Botto, retrata a convivencia entre os admiradores e detractores de Franco na poboación manchega de Llanos del Caudillo, un dos 300 asentamentos construídos polo Instituto Nacional de...

Ler máis
Compartir: