DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello acomete obras de mellora da accesibilidade en 45 puntos da cidade

17/11/2014

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, acompañada do presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga, presentou a primeira fase dun novo proxecto de accesibilidade urbana e eliminación de barreiras arquitectónicas en Santiago. Trátase dunha actuación que afectará a 45 puntos da cidade, entre vaos peonís, pasos de peóns e prazas de estacionamento, cun investimento previsto de 105.717 euros e un prazo de execución de dous meses.

Ler máis

CULTURA

O Camiño Cultural Atlántico, do que forma parte Santiago, promocionarase en China

17/11/2014

O Camiño Cultural Atlántico, formado por 15 cidades españolas, francesas e portuguesas –entre elas Santiago de Compostela- acaba de asinar un convenio coa provincia china de Henan co fin de promocionar no país asiático este novo produto turístico cultural. A firma tivo lugar en Zhengzhou, dentro do International Mayor’s Forum on Tourism, foro ao que foi convidado a participar o Camiño Cultural Atlántico.

Ler máis

CONSORCIO

Dez músicos galegos poderanse formar co prestixioso frautista alemán Jürgen Franz

17/11/2014

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do afamado frautista alemán Jürgen Franz. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense dez prazas para músicos externos ao centro.

Ler máis

TURISMO

O aeroporto de Santiago de Compostela alcanza por primeira vez na súa historia os 400.000 pasaxeiros nas rutas internacionais

17/11/2014

O aeroporto de Santiago xa superou por primeira vez na súa historia os 400.000 pasaxeiros nas súas conexións internacionais. Ata o mes de outubro houbo 403.585 pasaxeiros nestas rutas, superando xa o obxectivo municipal dos 400.000 pasaxeiros para todo o 2014. Así continúa o aumento do tráfico internacional que comezou no 2012, e que permitiu que se pasara dos 220.000 pasaxeiros que houbo no 2011 ata superar os 350.000 do ano pasado e os máis de 400.000 que se conseguirán neste 2014.

Ler máis

CULTURA

Pase único de "Ida" (Premio Lux), e últimos pases de "Una noche sin luna", "Mommy" e "Class Enemy" noutra xornada de Cineuropa

17/11/2014

O programa de Cineuropa para este martes 18 de novembro trae ao Teatro Principal o pase único de Ida, de Pawel Pawlikowski, que ao seu remate terá un debate arredor dos premios Lux. De feito, tamén nesta xornada poderemos ver por última vez outro filme destes premios: Class Enemy, de Rok Bicek, ás 22:30 h no Salón Teatro. Este martes tráenos a última posibilidade de ver tamén Una noche sin luna, de Germán Tejeira, e Mommy, de Xavier Dolan, dentro do Panorama Internacional.

Ler máis
Compartir: