CULTURA

A 28ª edición de Cineuropa exhibirá 227 filmes do 9 ao 30 de novembro

30/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto coa concelleira de Cultura, María Antón; e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentou en rolda de prensa a 28ª edición de Cineuropa, que se celebra na cidade do 9 ao 30 de novembro. Poderemos ver un total de 227 películas no Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e Afundación de Abanca. Ademais, tamén se anunciaron os premiados deste ano que estarán en Compostela para recibir o seu galardón: a actriz Bárbara Lennie, o realizador...

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Premio Manuel Beiras recoñece un ano máis o esforzo normalizador de empresas compostelás no uso do galego

30/10/2014

A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, e o tesoureiro da Cámara de Comercio, Juan José Maril, presentaron a XV edición do Premio Manuel Beiras. O certame, organizado nesta ocasión polo Concello de Santiago, recoñece o esforzo que realizan as empresas e institucións do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.

Ler máis

ALCALDÍA

A exposición "O Asorey descoñecido" orixina diversos materiais didácticos sobre o artista

30/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou no Pazo de Fonseca a exposición O Asorey descoñecido, onde presentou diversos materiais didácticos da exposición realizados entre a Fundación Asociación Cultural Francisco Asorey e a Concellería de Educación. Centros de ensino de primaria e secundaria de Santiago e comarca realizaron visitas guiadas á mostra durante este mes de outubro.

Ler máis

CULTURA

Womex confirmou a importancia de Santiago de Compostela como escenario e punto de encontro cultural a nivel internacional

30/10/2014

A concelleira de Cultura, María Antón, participou na Cidade da Cultura rolda de prensa de valoración dos resultados de Womex’14, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez. 2.400 delegados, un 6,66% máis que na anterior edición, e 1.470 empresas (un 16,66% máis) de 90 países, ademais dunha feira con 668 exhibidores de 47 países e unha marca de 280 casetas (+12%) son cifras que falan do éxito deste evento.

Ler máis
Compartir: