TURISMO

Santiago logra en setembro o seu máximo histórico en pernoctacións internacionais

24/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, cualificou de "contundentes" os datos de ocupación hoteleira de setembro feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Os indicadores reflicten que este mes foi o mellor da historia da cidade en turismo internacional, con 75.248 pernoctacións, o que supón un crecemento do 19,94% respecto de setembro do ano pasado.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde destaca o importante investimento de retorno a medio e curto prazo que xerará Womex para a cultura galega

24/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, realizaron un percorrido polas instalacións de Womex 2014 na Cidade da Cultura. O rexedor compostelán expresou a súa certeza de que esta Feira Internacional das Músicas do Mundo, máis alá do seu impacto económico inmediato, estimado en 2,5 millóns de euros, xerará un "investimento de retorno máis importante a medio e curto prazo, tanto para os músicos galegos como para a cultura galega,...

Ler máis

CULTURA

O pianista Alejandro Vargas e a Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade nas Xornadas de Música Contemporánea

24/10/2014

Este domingo 26 poderemos gozar de dous novos eventos dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Pola mañá, ás 12:30 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea, poderemos escoitar a Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade dirixida por Mario Diz e co programa Experimenta coa música. E xa pola tarde, ás 20:00 horas e tamén no CGAC, o pianista cubano Alejandro Vargas presenta Ama Aza LaNdo, o seu novo disco. A entrada para as dúas propostas é de balde, previa retirada de convite no...

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago cede a Budapest o testemuño da organización de Womex 2015

24/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á cerimonia protocolaria de transmisión da organización de Womex a Budapest, cidade na que se celebrará o vindeiro ano. Recibiu o testemuño o ministro húngaro de Recursos Humanos, Zoltán Balog. A edición 2014 continúa celebrándose en diversos espazos de Compostela ata o vindeiro domingo 26.

Ler máis
Compartir: