CENTROS SOCIOCULTURAIS

Amplíase ata o venres 4 de outubro o prazo de solicitude de participación no I Concurso de Graffitis en Entornos Socioculturais

26/09/2013

A Concellería de Centros Socioculturais puxo en marcha o I Concurso de Graffitis en Entornos Socioculturais, organizado coa colaboración da Asociación de Veciños de Pontepedriña. Esta primeira edición do certame centrarase na intervención sobre pare do muro exterior do Local Sociocultural de Pontepedriña. O prazo de solicitude de participación neste certame prolóngase ata o venres 4 de outubro. Ademais, amplíase a toda Galicia o ámbito de participación, coa colaboración na difusión da...

Ler máis

DEPORTES

A XII Camiñada ao Pedroso ofrece unha oportunidade solidaria de percorrer a pé os bosques da ribeira do Sarela

26/09/2013

Santiago acollerá o domingo 6 de outubro, ás 10:00 horas, a XII Camiñada ao Pedroso. Esta andaina solidaria, cuxa recadación irá integramente a UNICEF, foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela; acompañado da coordinadora de UNICEF en Santiago, Irene Marín, e do presidente do Club Deportivo Fontiñas, Javier Laíño.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O día de San Xoán será festivo en 2014

26/09/2013

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou os festivos para o ano 2014, que serán a Ascensión e o San Xoán. Ademais, deu o visto bo ao proxecto de mellora da mobilidade e da accesibilidade en Vista Alegre, a varias obras nos barrios e á rede de parques biosaudables nas parroquias.

Ler máis

ALCALDÍA

Nemenzo estrea o seu novo campo da festa

26/09/2013

Os veciños de Nemenzo contan xa cun novo campo para celebrar as festas patronais de Santa Cristina, o 27 e 28 deste mes de setembro e que tamén poderán utilizar como espazo de lecer. O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou o novo recinto, acompañado doutros integrantes da Corporación e dos membros da Asociación de Veciños.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Festival MusiCompostela trae outro novo concerto sen alcol este venres

26/09/2013

Este venres 27 de setembro, a partir das 22.00 horas, Bakin Blues Band e Agoraphobia actuarán no marco do Festival MusiCompostela no Pub Sonar. Este é o terceiro dos concertos programados polo Concello, dende a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD), na súa aposta pola mocidade e a diversión coa intención de promover a concienciación dos máis novos de que non fai falta o alcohol para pasalo ben.

Ler máis
Compartir: