CENTROS SOCIOCULTURAIS

Viaxe a Valladolid e Peñafiel dentro do programa "Imos de excursión 2013"

23/09/2013

A Concellería de Centros Socioculturais programa unha nova viaxe dentro do programa Imos de excursión. É a denominada "Castela a gusto" e levará os participantes ás localidades de Valladolid e Peñafiel os días 12 e 13 de outubro. O prazo de inscrición ábrese o martes 24 de setembro a partir das 17:00 horas.

Ler máis

TURISMO

Santiago preséntase como estudio de cine no Festival de San Sebastián

23/09/2013

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, acompañada do responsable da Santiago de Compostela Film Commission, Dimas González, presentaron no Pazo de Raxoi o acto promocional que Santiago fará no Festival de Cine de San Sebastián co obxectivo de amosar as posibilidades que ofrece a cidade como estudio de cine.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago dá conta do reinicio das obras da rehabilitación do antigo curtidoiro de Pontepedriña

23/09/2013

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presidiu a Comisión Executiva e o Consello de Administración do ente interadministrativo. Nelas, aprobouse a Conta Xeral do Consorcio correspondente ao exercicio 2012. Así mesmo, deuse conta do reinicio das obras de rehabilitación do antigo curtidoiro de Pontepedriña de Arriba, e a súa adecuación como sede do Centro Nacional de Formación en Materia de Rehabilitación, mediante unha encomenda de xestión á empresa Tragsa. De feito, a acta de...

Ler máis
Compartir: