TURISMO

Santiago aposta por atraer producións audiovisuais de Xapón e Corea do Sur

12/09/2013

O alcalde de Santiago, Ángel Currás, reuniuse coa responsable da Oficina Española de Turismo (OET) en Tokio, Beatriz Marco, responsable da promoción de España non só en Xapón, senón tamén en Corea do Sur, un mercado no que o Camiño de Santiago está consolidándose con forza e que, como no caso de Xapón, representa unha oportunidade importante para a cidade.

Ler máis

CULTURA

Catro novas propostas no Blues Nite para o último trimestre do ano

12/09/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do Blues Nite para o último trimestre do ano. En setembro, o día 20, estará na Sala Capitol a Vargas Blues Band e en outubro poderemos escoitar a Carvin Jones o día 30 tamén na Capitol. Decembro será o momento para o blues con denominación de orixe galega e chegará á cidade The amazing blues caravan, o día 6, con Dixie Town, Thee Blind Crows e Psychotic Acid Freek, Xa no Nadal, pero coa data e lugar...

Ler máis
Compartir: