CIDADE HISTÓRICA

Aprobado o prego dos traballos de revisión do Plan Especial da Cidade Histórica

10/09/2013

A Xunta de Goberno aprobou o prego de condicións da revisión do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Unha vez sexa publicado, abrirase o prazo para que as empresas aspirantes presenten as súas propostas, entre as cales decidirá a gañadora unha comisión integrada por seis expertos. A redacción desa modificación ten un custo de 452.000 euros, sufragados a partes iguais polo Concello e a Xunta de Galicia.

Ler máis

TURISMO

O Camiño de Santiago é, tras a obra de Gaudí, a temática española que máis interese xera no Instituto Cervantes de Tokio

10/09/2013

O director do Instituto Cervantes de Tokio, Antonio Gil Carrasco, confirmoulle ao alcalde de Santiago, Ángel Currás, o interese crecente que o público nipón ten polo Camiño de Santiago. Segundo lle transmitiu nunha reunión celebrada hoxe, o Camiño de Santiago é o segundo tema que máis cuestións xera no Instituto Cervantes respecto a España, só superado pola obra de Gaudí. Estes datos confirman que o mercado nipón é unha oportunidade para Santiago, logo de que no 2012 se conseguisen as...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberta a XXVIII Semana Cultural de Conxo

10/09/2013

O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugurou a XXVIII Semana Cultural de Conxo, que se celebra do 10 ao 14 de setembro. Un ano máis, o programa trae unha variada oferta de actividades para todos os públicos.

Ler máis
Compartir: