FACENDA

O remanente positivo permitiralle ao Concello saldar todas as facturas de exercicios anteriores e destinar un millón de euros a investimentos

30/08/2013

Unha vez desenvolvido o artigo 32 da Lei de Estabilidade, no eido de permitir aos concellos destinar remanente de tesourería a financiar investimentos, o Concello de Santiago empregará máis dun millón de euros do seu remanente de 2012 (1.890.310 euros) a investimento. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, quen tamén indicou que o resto do remanente, uns 950.000 euros, se empregarán en saldar todas as facturas pendentes de exercicios anteriores.

Ler máis

URBANISMO

As obras de mellora da mobilidade e de incorporación de zonas verdes na Almáciga comezarán antes de que remate o ano

30/08/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta do inicio dos trámites para contratar as obras de mellora da mobilidade na Almáciga, que suporán tamén a incorporación doutros 8.060 metros cadrados de zonas verdes para a cidadanía. A intervención, incluída no programa Urbana Santiago Norte, contempla actuacións en catro ámbitos fundamentais: as rúas Basquiños e Pastoriza, un corredor verde entre os parques da Almáciga e Bonaval, a rúa Escultor Asorey e a rúa Caramoniña.

Ler máis
Compartir: