CENTROS SOCIOCULTURAIS

Bombeiros, Policía Local e Protección Civil visitaron os rapaces das "Mañás de xogo"

23/07/2013

Continua unha semana máis o programa Vive o verán. Nesta xornada de martes, os rapaces das Mañás de xogo do Local Sociocultural de Nemenzo participaron nunhas xornadas especiais dedicadas á seguridade viaria, que lles permitiu coñecer o traballo dos Bombeiros, da Policía Local e de Protección Civil. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, uniuse á sesión. Na xornada anterior foron os nenos e nenas do LSC da Gracia os que recibiron esta visita.

Ler máis

XUVENTUDE

Xornada multiaventura en Carcacía para pechar o programa Verán Activo 2013

23/07/2013

O Centro Xuvenil e Municipal do Ensanche foi o punto de reunión dos rapaces e rapazas participantes no campamento multiaventura organizado pola Concellería de Xuventude no marco do programa Verán Activo 2013. A edil de Xuventude, Rebeca Domínguez, acompañou a expedición, que se dirixiu a Carcacía (Padrón).

Ler máis

TURISMO

Xuño foi o mes da historia co maior número de pernoctacións internacionais en Santiago

23/07/2013

Santiago continúa crecendo como destino turístico internacional. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), no mes de xuño alcanzouse o maior número de pernoctacións internacionais nun só mes da historia da cidade, con 65.389. A anterior marca producírase en setembro do ano 2012, con 64.193. O terceiro mes remóntase a setembro do ano 2010, cando foron 62.207. O dato é importante non só pola cifra alcanzada senón porque se produce no mes de xuño, cando dende 2009 o mes do ano con maior...

Ler máis

FESTAS

As Festas do Apóstolo, fieis á súa cita co ensalzamento do traxe galego

23/07/2013

Unha das citas tradicionais das Festas do Apóstolo é o Día do Traxe Galego, que alcanzará a súa XXXV edición o sábado 27 de xullo. O concelleiro de Festas, Francisco Noya; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Cristina Mosquera; e o director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés (firma colaboradora), José Antonio Blanco, presentaron o programa desta xornada.

Ler máis

FESTAS

O folk e o teatro infantil protagonizaron a segunda xornada das Festas do Apóstolo

23/07/2013

A segunda xornada das Festas do Apóstolo tivo como protagonista principal o folk e como punto de referencia a praza da Quintana. Alí celebrouse o II Certame Folk, organizado por La Voz de Galicia, coas actuacións de Berrogüetto, Tanto Nos Tén e Os D'abaixo. Ademais, no Salón Teatro, cheo absoluto na sesión de teatro infantil coa obra Fíos.

Ler máis
Compartir: