TURISMO

O Grupo de Cidades Patrimonio de España participa na "La Spagna a Padova"

07/06/2013

Tras a súa recente participación na pasada edición da Spagna a Roma, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España continúa a súa aposta pola promoción turística no mercado italiano e dirixe a súa estratexia, nesta ocasión, cara á rexión do Véneto a través dunha nova campaña organizada en Padua pola Oficina Española de Turismo en Milán.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as rutas didácticas do programa Cultura Viva cun percorrido polas parroquias de Bando, Sabugueira e O Carballal

07/06/2013

O programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido polas concellerías de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, continúa a desenvolverse na súa edición de abril a xuño con grande éxito de participación, xa que todas as rutas están completas. Este sábado 8, novo percorrido polas parroquias.

Ler máis

DEPORTES

Aberto o circuíto da Xira Galega de Karting no recinto feiral de Amio

07/06/2013

A Xira Karting está xa por quinto ano en Compostela para ofrecer a posibilidade de pilotar un kart a través dun circuíto preparado especialmente para a ocasión no recinto feiral de Amio. O Concello de Santiago facilitou que os escolares puideran subirse de balde a estes pequenos vehículos na sesión inaugural.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Fontiñas albergará un mercado solidario infantil e xuvenil o venres 14 de xuño

07/06/2013

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou en rolda de prensa o proxecto Trócame-Roque, un mercado solidario infantil e xuvenil promovido polas entidades sociais, educativas e sanitarias do barrio de Fontiñas. O evento desenvolverase o venres 14 de xuño, de 16:30 a 19:30 horas, no centro comercial Área Central, coincidindo tamén coas festas do barrio.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

Entrega de distincións á Policía Local

07/06/2013

Os concelleiros de Seguridade Cidadá, Luis Bello e de Persoal, Amelia González, asistiron na Academia Galega de Seguridade (A Estrada) ao acto de entrega de diplomas e distincións á Policía Local. 19 axentes recibiron o recoñecemento por cumprir 25 anos de servizos e oito recolleron os seus diplomas tras rematar o curso previo á toma de posesión dos seus novos cargos como oficiais e inspectores. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Ler máis

ALCALDÍA

O GCPHE segue avanzando na súa profesionalización definitiva

07/06/2013

O alcalde compostelán participou en Córdoba na Comisión Executiva do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Na xornada do sábado celebrarase a Asemblea Xeral, á que asistirán Ángel Currás e os outros rexedores municipais das 13 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo primordial é a defensa e promoción do seu patrimonio cultural, cuxo valor excepcional recoñeceu a UNESCO ao inscribilo na Lista do Patrimonio Mundial.

Ler máis
Compartir: