PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas rutas didácticas ao Castelo da Rocha e a San Domingos de Bonaval

14/03/2013

Continúan as rutas didácticas do programa educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Para o sábado 16 está prevista a ruta "O Castelo da Rocha", mentres que o mércores 20 de marzo realizarase a denominada "Os espazos claustrais I".

Ler máis

URBANISMO

As obras de recuperación da finca do Espiño como parque executaranse neste exercicio

14/03/2013

As obras do parque público da finca do Espiño executaranse este ano, polo que tras moitos anos se recuperará para o uso público esta superficie verde. Así o anunciou a concelleira de Urbanismo, María Pardo, quen recordou que o aval presentado pola empresa Layetana polas obras de recuperación do parque e de rehabilitación do palacete existente se executou o pasado 20 de setembro de 2012.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobados os prazos de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música

14/03/2013

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou os prazos de admisión e matrícula da Escola Municipal de Música para o curso 2013-2104. Tamén determinou os membros do xurado do VI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados e deu o visto bo á revisión das tarifas do Mercado Nacional de Gando.

Ler máis
Compartir: