SEGURIDADE CIDADÁ

Simulacro de emerxencias na Catedral

01/03/2013

A Policía Local, o Servizo de Extinción de Incendios e Protección Civil realizaron un simulacro de emerxencia na Catedral compostelá. Nesta simulación, na que se probaron con éxito os protocolos de coordinación previstos para estes casos, participaron tamén efectivos de Cruz Vermella, 061, persoal de seguridade da Catedral e máis de 280 figurantes.

Ler máis

CONSORCIO

Música e espiritualidade na Semana Santa

01/03/2013

Durante a Semana Santa, diferentes igrexas de Santiago de Compostela acollerán a sétima edición do Festival de Músicas Contemplativas, unha iniciativa cultural que une os conceptos de cultura e patrimonio a través da música. Unha serie de concertos, representativos de diversas sensibilidades culturais e espirituais, que xiran en torno á idea de trazar camiños e abrir diálogos entre pobos e culturas. O programa foi presentado en rolda de prensa pola xerente do Consorcio, María Antón, e o director-xerente do Auditorio...

Ler máis

CULTURA

O Mago Xacobe presenta en Santiago o seu novo espectáculo, "Feitizos e abraios"

01/03/2013

O televisivo Mago Xacobe presenta en Santiago o seu novo espectáculo, Feitizos e abraios dentro ciclo Infantil & Familiar. Trátase dun show familiar de mediano formato no que combina os xogos máis participativos e cómicos co impacto das grandes ilusións. A función terá lugar o domingo 3 de marzo, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.

Ler máis

DEPORTES

Santiago acolle esta fin de semana a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo

01/03/2013

A praza do Obradoiro acolleu a presentación oficial de todos os pilotos que participarán na proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo (IV Memorial Eulo Albert), que se disputará nos circuítos habilitados no Monte do Gozo e no Estadio de San Lázaro o sábado 2 e o domingo 3 de marzo. Máis de 200 pilotos participarán nesta competición, que Santiago acolle por primeira vez.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Cursos de finanzas persoais nos centros socioculturais do Ensanche e de Santa Marta

01/03/2013

A Concellaría de Centros Socioculturais pon en marcha, en colaboración coa Asociación para a Formación en Finanzas(AFF), un curso monográfico co título Finanzas persoais: aprende a xestionar os teus cartos. Terá dúas entregas: unha no Centro Sociocultural do Ensanche, os días 2, 3, 5, 9, 10 e 12 de abril, en horario de 19:00 a 21:00 horas; e outra no CSC de Santa Marta, os días 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

O Goberno local marca as liñas de actuación para os vindeiros meses

01/03/2013

O Goberno municipal mantivo unha reunión de traballo na Casa Grande do Bachao (Santa Cristina de Fecha), para programar as liñas básicas de actuación dos vindeiros meses, de acordo á nova reordenación en áreas recentemente aprobada. O alcalde, Ángel Currás, presidiu esta xuntanza, na que se analizaron os principais proxectos en marcha.

Ler máis
Compartir: