ECONOMÍA

Xornada sobre emprendemento no CGAC

11/12/2013

A concelleira de Economía, Reyes Leis, asistiu no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ao Encontro Galicia Emprende "O novo impulso da Xunta á creación de empresas", promovido polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Ler máis

COMERCIO

A Concellería de Comercio pon en marcha un concurso para seleccionar a imaxe comercial do barrio de San Pedro

11/12/2013

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou en rolda de prensa as bases para a selección da imaxe-marca da sinaléctica comercial do barrio de San Pedro, ao abeiro do programa europeo Urbana Santiago Norte, financiado con fondos FEDER. As propostas serán sometidas a votación popular e, de entre os cinco traballos máis votados, o xurado seleccionará a gañadora, que recibirá 3.000 euros.

Ler máis

EDUCACIÓN

Ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación de Nadal promovido pola Concellería de Educación

11/12/2013

A partir deste xoves e ata o 16 de decembro estará aberta a inscrición no programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal 2013. A iniciativa comprenderá un conxunto de actividades educativas, deportivas e de lecer que se desenvolverán nos CEIP Pío XII e As Fontiñas, dirixidas aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O programa realizarase do 23 de decembro ao 8 de xaneiro, coa excepción dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Ler máis

DEPORTES

Espectáculo e solidariedade xuntaranse no III Master de Campións de rallys

11/12/2013

O Recinto Feiral de Amio acollerá o sábado 14 e o domingo 15 de decembro o III Master de Campións de rallys. Preto de 50 pilotos de Galicia e Portugal participarán nesta proba, que xuntará a súa espectacularidade coa solidariedade, xa que servirá para recadar fondos para José Manuel Iglesias, neno de 8 anos aqueixado de disparesia espástica nivel 4, un tipo de parálise cerebral.

Ler máis

ECONOMÍA

Unha empresa de venda directa de produtos de alimentación a través de Internet gaña a primeira edición de Lánzate Santiago

11/12/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Economía, Reyes Leis, asistiron no Centro Comercial As Cancela á entrega de premios do concurso de emprendedores Lánzate Santiago de Compostela. O obxectivo desta iniciativa, que chegou á cidade da man do Concello e do devandito centro comercial, é apoiar aos emprendedores galegos e o desenvolvemento empresarial da cidade.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as actividades do programa "Vive o Nadal" nos centros socioculturais

11/12/2013

Rematado o prazo de preinscrición para a actividade Mañás de Nadal, incluída no programa Vive o Nadal, da Concellería de Centros Socioculturais, serán os centros de Conxo, Santa Marta, Figueiras e A Gracia os que acollan aos nenos/as inscritos para gozar nas datas das vacacións escolares dunha variada programación matinal con xogos, obradoiros diversos, contos, etc. As persoas inscritas poden consultar no documento adxunto o listado de participantes en cada centro.

Ler máis

CULTURA

O "outro cine español" e a colaboración con Play-Doc marcan a cuarta xornada de Curtocircuíto

11/12/2013

Curtocircuíto, festival organizado polo Concello de Santiago, co-financiado pola Deputación da Coruña e coa colaboración de diversas entidades, pasa este xoves en Santiago de Compostela un total de 29 curtas. O protagonismo recae no festival Play-Doc, que conta con dúas sesións, nas que se proxectan os traballos máis relevantes mostrados ao longo dunha década de existencia.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio ultima a restauración das pinturas murais do século XVI que apareceron na igrexa de Santa María de Figueiras

11/12/2013

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago está a promover a restauración e conservación das pinturas murais que saíron á luz na igrexa de Santa María de Figueiras. O seu estado era moi malo pola acción da humidade e, sobre todo, pola repercusión de obras anteriores nos muros do edificio e a aplicación de encalados e cemento sobre a superficie pictórica. Os traballos de restauración, adxudicados á empresa Alfa, teñen un orzamento de 16.652 euros. Comezaron en setembro e xa están a piques...

Ler máis
Compartir: