ALCALDÍA

Compostela, cidade de baloncesto

08/04/2011

O proxecto Cidades Adecco chega a Santiago de Compostela co obxectivo de levar o baloncesto a todos e cada un dos recunchos da cidade. Con tal fin, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director corporativo da Federación Española de Baloncesto, Alfonso Seoane, asinaron un convenio de colaboración para fomentar a práctica do baloncesto.

Ler máis

EDUCACIÓN

"El camino de Olaj", de Martín León-Barreto, gaña a cuarta edición do Premio Internacional de Álbums Ilustrados

08/04/2011

O xurado do IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados elixiu o traballo titulado El camino de Olaj, de Martín León-Barreto Johnson (Guadalaxara) coma o gañador desta edición. Nesta cuarta edición do galardón, organizado pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora no marco da XI Campaña de Animación á Lectura, participaron 375 traballos.

Ler máis

CONSORCIO

A exposición "Domus Iacobi" amosa as claves da historia e da arte da Catedral

08/04/2011

Con motivo do inicio dos actos promovidos dende o Consorcio de Santiago para o oitavo centenario da Catedral de Santiago, o sábado 9 inaugurarase a exposición Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago. Un día antes da apertura, realizouse unha visita para os medios de comunicación ao Colexio de Fonseca, onde se instalou a mostra.

Ler máis
Compartir: