EDUCACIÓN

Compostela ensaia o seu abrazo á Catedral

04/04/2011

Continúan os encontros previos ao gran acto de apoio ao 800 Aniversario da Catedral de Santiago: Compostela abraza a súa Catedral. Desta vez, na praza do Obradoiro, realizouse un ensaio previo in situ cun grupo de persoas pertencentes aos diferentes colectivos implicados nesta iniciativa de participación cidadá.

Ler máis

CULTURA

Teatro Lliure Gràcia presenta "A gata sobre o tellado de zinc quente" no Teatro en Xira

04/04/2011

Teatro Lliure Gràcia chega o mércores 6 a Compostela para representar A gata sobre o tellado de zinc quente dentro do ciclo Teatro en Xira, que trae o mellor teatro que está a xirar pola Península. Teatro comercial de calidade, teatro clásico e tamén producións máis arriscadas neste ciclo que organiza a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e que incluirá seis espectáculos. Así, A gata sobre o tellado de zinc quente poderá verse no Teatro Principal a partir das 21.00 horas.

Ler máis
Compartir: