XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de ordenanza que axiliza a apertura de determinados locais e actividades

19/04/2011

A Xunta de Goberno local vén de dar luz verde ao proxecto de ordenanza que regulará a tramitación de actividades. Grazas a esta norma, determinados establecementos non precisarán de licenza de apertura, que será substituída por unha comunicación previa ou unha declaración responsable, dependendo dos casos, axilizando de forma considerable o proceso. O proxecto foi presentado en rolda polas concelleiras de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira.

Ler máis
Compartir: