CONSORCIO

A Filharmonía estrea outra obra de Arriola

30/03/2011

A Real Filharmonía de Galicia, da man do director Maximino Zumalave, estreará unha nova obra de Arriola durante o concerto do xoves 31 de marzo, como parte do proceso de recuperación da figura artística deste descoñecido compositor galego. Será a partir das 21:00 horas no Auditorio de Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde será o pregoeiro da Festa da Uña

30/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, mantiveron un encontro cos membros da Asociación Cultural e de Festas de San Lázaro, encargada da organización da Festa da Uña, que este ano se celebrará os días 9, 10 e 11 de abril.

Ler máis

ALCALDÍA

Retrato da Compostela inédita dos anos vinte por Ruth Mathilda Anderson

30/03/2011

Unha nova exposición de Novacaixagalicia reúne preto de medio milleiro de imaxes tomadas pola etnógrafa e fotógrafa norteamericana Ruth Mathilda Anderson en Galicia entre os anos 1924 e 1926. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a mostra, que estará na sede da Fundación Caixa Galicia da rúa do Vilar ata o 5 de xuño.

Ler máis
Compartir: