ALCALDÍA

A nova terminal de Lavacolla triplica a superficie da actual e ten capacidade para catro millóns de viaxeiros ao ano

28/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario de Estado de Transportes, Isaías Táboas, visitaron as obras do novo edificio terminal do Aeroporto de Santiago. Ao acto asistiron tamén o presidente de Aena, Juan Lema, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro. A nova infraestrutura supón unha profunda transformación do aeroporto, que se converterá nunha instalación moderna e funcional con capacidade para atender ata catro millóns de pasaxeiros ao ano, cos máis altos niveis de...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela abrirá as súas portas en abril

28/03/2011

"Achegar á cidadanía e nomeadamente á poboación escolar, o funcionamento da cidade dende a perspectiva ambiental será o obxectivo fundamental do novo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela". Con estas palabras resumiu a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, as funcións que este equipamento situado no parque de Belvís desenvolverá a partires do mes de abril.

Ler máis
Compartir: