CULTURA

Últimos días para ver a exposición "Korda. Coñecido, Descoñecido" no Auditorio

25/03/2011

O domingo 27 pecha as súas portas a exposición Korda. Coñecido, Descoñecido, que se puido ver nos últimos meses no Auditorio de Galicia, organizada pola Concellaría de Cultura. A mostra, que se inaugurou o 22 de decembro de 2010, foi xa visitada por centos de persoas. Todos aqueles que non puideran asistir aínda teñen esta semana a última oportunidade en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Ler máis

CULTURA

Chega ao ciclo Sons da Diversidade Ana Moura, a nova estrela do fado

25/03/2011

O sábado 26 hai unha nova cita con Sons da Diversidade, ciclo organizado pola Concellaría de Cultura. Será a partir das 21.00 horas da man da nova estrela do fado, Ana Moura. As entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde denuncia o maltrato da Consellería de Educación en relación á Escola Oficial de Idiomas e á Escola de Hostalería

25/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cualificou como "grave" a actual situación da Escola Oficial de Idiomas (EOI) e denunciou a falta de compromiso orzamentario da Consellería de Educación para a construción dun novo edificio para a mesma. Do mesmo xeito, lamentou o "maltrato" do mesmo organismo autonómico respecto ao recoñecemento da titulación oficial para a Escola de Hostalería.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Santiago súmase á "Hora do Planeta" apagando o alumeado público en varias localizacións da cidade

25/03/2011

A Concellería do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable fai un chamamento aos veciños de Santiago para que mañá sábado, 26 de marzo, ás 20:30 horas, se sumen á Hora do Planeta, unha iniciativa coa que quere amosar o compromiso local cun cambio global en beneficio do medio ambiente. No marco desta iniciativa, cidadanía, empresas, institucións e gobernos de todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora como chamada de acción na loita contra o cambio climático.

Ler máis

ALCALDÍA

Confortables escaleiras e sinxelas referencias lineais para San Clemente

25/03/2011

A reurbanización da área de San Clemente supuxo un cambio total na súa topografía. Ademais, os veciños e visitantes atópanse agora cos restos da fonte do século XVI aparecida no lugar. A piques de rematar os traballos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o lugar acompañado pola concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira.

Ler máis
Compartir: