ALCALDÍA

Xuntanza do alcalde coa comunidade de propietarios do edificio situado entre as rúas República Arxentina e San Pedro de Mezonzo

07/04/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá un encontro coa comunidade de propietarios do edificio situado na rúa da República Arxentina número 21, que fai esquina coa rúa de San Pedro de Mezonzo, no ámbito do antigo colexio Peleteiro. No encontro tamén tamén estiveron presentes a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e técnicos municipais.

Leer más

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade intensifica a actividade no seu 25º aniversario

07/04/2022

Os proxectos de cooperación internacional, a "localización" da Axenda 2030 e a loita contra o cambio climático centran o Plan de Actividades 2022 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que o Concello de Santiago é socio, que conmemora este ano o seu 25º aniversario. Representantes das deputacións e concellos socios, entre os que se atopaba o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, aprobaron por unanimidade todos os puntos da orde do día na Asemblea Xeral celebrada esta mañá na...

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

O Circuíto de Carreiras nas 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España celébrase de abril a decembro de 2022

06/04/2022

O Circuíto constará de 15 probas, das cales será necesario finalizar 4 para optar á clasificación final, e arrancará coa carreira nocturna SantYago 10K que terá lugar o vindeiro 30 de abril en Compostela. Esta carreira nocturna homologada pola Federación Española de Atletismo e que conta coa colaboración do departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída ás 22:00 h de San Francisco e chegada á praza do Obradoiro, con...

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os Centros Socioculturais de Santiago lanzan a súa nova oferta de actividades deportivas no exterior

06/04/2022

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, acompañado por Enrique Vázquez e Beatriz Cornide, responsable e técnica da Rede dos CSC respectivamente, presentou esta mañá en rolda de prensa, as rutas de sendeirismo "Camiñando a Santiago" e "O Xiro dos Montes", propostas de deporte ao aire libre para a veciñanza da cidade que se desenvolverán entre abril e xuño.

Leer más

PLENO

Volve a presencialidade ao pleno municipal

05/04/2022

Despois de dous anos de pandemia, o Pleno municipal volve celebrarse de forma presencial. A última vez que acudiran todos os concelleiros ao salón de plenos fora en febreiro de 2020 e dende ese momento e ata este pleno ordinario de marzo só estaban presentes no Concello o alcalde e os voceiros municipais. O resto dos membros da Corporación seguían a sesión de forma telemática.

Leer más
Compartir: