XUNTA DE GOBERNO

Nos próximos días abrirase o prazo de solicitude de autorizacións para usar as hortas municipais de Campo das Hortas, Santa Marta, Belvís e Caramoniña

18/03/2024

A Xunta de Goberno local deu luz verde hoxe á apertura do prazo de solicitude das autorizacións para o uso hortícola das parcelas municipais dos parques Campo das Hortas, Santa Marta, Belvís de Arriba e de Abaixo e Caramoniña, tras confirmar a caducidade dos permisos outorgados entre 2008 e 2019. Tamén se aprobou o Plan de emerxencias ante situacións de seca para o abastecemento urbano da auga en Santiago.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O barrio de Santa Marta elixe a súa mascota

18/03/2024

A veciñanza de Santa Marta poderá elixir unha mascota para o seu barrio, nun concurso organizado polo Centro Sociocultural de Santa Marta en colaboración coa Asociación Veciñal Vedesma. Trátase dunha iniciativa que procura "fomentar a creatividade e axudar a explorar a identidade de barrio", tal e como explicou o concelleiro Xan Duro.

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

Ábrese o prazo para solicitar as axudas de taxi para persoas con dificultades de mobilidade ou con limitacións no uso do transporte colectivo

18/03/2024

A partir de mañá xa se poden solicitar as axudas individuais para uso do taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo, máis coñecidas como "bonotaxi". O orzamento, de 15.000 euros; e as bases, que hoxe publica o BOP, o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, aprobáronse o pasado día 11 en Xunta de Goberno. O prazo de solicitude é de dez días hábiles, contados a partir do 19 de marzo.

Leer más

SAÚDE

O Plan Municipal de Saúde Mental de Santiago marca unha estratexia encamiñada á prevención cunha campaña de sensibilización social

15/03/2024

A concelleira Pilar Lueiro mantivo unha reunión de traballo sobre o desenvolvemento do Plan municipal de saúde mental, onde trazou a estratexia encamiñada á prevención, con campañas de sensibilización social, difusión de actividades e recursos de acceso libre e gratuíto, con especial atención ao suicidio e á mocidade. Incluirá tamén actuacións de integración comunitaria dirixidas ás persoas con trastornos para a creación e fortalecemento dunha rede de apoio.

Leer más

LINGUA

Correlingua leva a festa do galego a once localidades de Galicia

15/03/2024

Concertos, regueifas, obradoiros, concursos e carreiras volven ser a festa de reivindicación do uso do galego na 24 edición de Correlingua que foi presentada esta mañá no Pazo de Raxoi. A Gramola Gominola, Cuarta Xusta e a Menánika Rolling Band gañan os tres primeiros premios de Cantalingua, con Paco Nogueiras e Pauliña no cuarto posto. As cinco bandas serán as protagonistas das festas a celebrar nos centros repartidos por todo o país.

Leer más

ALCALDÍA

Concello e hostalaría dan un paso máis na creación dunha mesa para o diálogo co sector

14/03/2024

A alcaldesa e os concelleiros de Convivencia, Xan Duro, e de Urbanismo, Iago Lestegás, mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes de Hostelería Compostela, Hostalaría.gal e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas na que lles presentaron unha proposta de regulamento da Mesa para o diálogo co sector. Unha vez consensuada, o regulamento terá que ser aprobado polo Pleno municipal como requisito o previo á constitución desta nova vía de comunicación na que se tratarán temas de interese...

Leer más

MOBILIDADE E CONVIVENCIA

A Policía Local de Santiago imparte un curso práctico sobre seguridade viaria para persoas maiores

14/03/2024

O Centro Sociocultural de Fontiñas acolleu esta semana unha charla sobre seguridade viaria impartida por membros da Policía Local e dirixida a persoas maiores de 65 anos. Baixo o título "Maiores máis seguros", a formación completouse cunha ruta práctica polo barrio das Fontiñas co obxectivo de identificar os posibles perigos e os lugares máis seguros por onde camiñar e cruzas as vías durante o percorridos cotiás das persoas participantes.

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

Aberto o prazo de inscrición ao curso de iniciación á horta ecolóxica

14/03/2024

O Curso de iniciación á horta ecolóxica terá lugar o vindeiro 5 de abril e será impartido por Enrique Banet, presidente da Fundación Galicia Verde, no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns) do Parque de Belvís. Trátase dunha formación impulsada polo Concello de Santiago a través do seu Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e arboredo.

Leer más

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

A compostaxe comunitaria medra en Santiago con seis novas illas

14/03/2024

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, visitou esta mañá unha das seis novas illas para a compostaxe comunitaria instaladas polo Concello na contorna dos parques Eugenio Granell, O Vieiro e San Lázaro e das rúas Volta do Castro, Mónaco e Federica Montseny. A veciñanza poderá solicitar a instalación doutros espazos preto do seu domicilio a través da web municipal santiagosostible.gal.

Leer más
Compartir: