ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto acollerá a preestrea de "O que arde", de Oliver Laxe

22/08/2019

A próxima edición de Curtocircuíto, que se celebrará entre o 28 de setembro e o 6 de outubro, acollerá a preestrea galega de O que arde, o último e premiado filme de Oliver Laxe. Esta sesión especial terá lugar o martes 1 de outubro, ás 22:30 horas, no Teatro Principal, e contará coa presenza do cineasta e de Amador Arias e Benedicta Sánchez, protagonistas do filme.

Leer más

ALCALDÍA

Santiago, Teo e Arzúa homenaxearon a Ánxel Casal no 83 aniversario do seu asasinato

19/08/2019

A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, participou hoxe na homenaxe a Ánxel Casal realizada polos concellos de Santiago, Teo e Arzúa con motivo do 83 aniversario do seu asasinato. Rosón destacou a importancia do acto pola "importancia da súa figura na historia de Galicia e pola pegada que deixou na memoria colectiva do pobo galego". Ánxel Casal, engadiu, "é unha referencia histórica viva, como modelo de tolerancia, como modelo progresista, como modelo humano, e como modelo de galeguidade".

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

Continúan as actividades de verán do Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela

14/08/2019

O Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX) está realizando durante este verán unha serie de actividades dirixidas a todo tipo de público e idades, de luns a venres a partir das 11:00 horas. Aínda hai prazas para algún dos obradoiros, nos que os/as interesados/as se poden anotar enviando un correo electrónico á dirección mlois@ferrovial.com ou chamando ao teléfono 600 927 589.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

En marcha o procedemento de licitación do servizo de comedor e madrugadores

14/08/2019

A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, abriu o trámite de adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de catering e de persoal monitor/coidador de comedor escolar para centros de educación infantil e primaria dependentes do Concello de Santiago de Compostela durante o curso escolar 2019-2020.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Xornada de cinema e circo nas prazas de Compostela

13/08/2019

Este mércores, 14 de agosto, a cidade acolle dúas propostas culturais singulares. Dunha parte, haberá circo na praza da Quintana da man da compañía murciana UpArte. E moi preto dalí, a praza das Praterías acolle unha nova Noite Curta, coa proxección dunha selección dos filmes máis destacados da edición 2018 do festival Curtocircuíto.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Ampliado o Programa de Conciliación de Verán aos días 9 e 10 de setembro

12/08/2019

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a ampliación do Programa Municipal de Conciliación "Escolas de Verán 2019" aos días 9 e 10 de setembro, polo que se modifica o contrato subscrito coa empresa encargada da prestación do servizo. Este cambio obedece á fixación pola Xunta do día 11 de setembro como data de inicio do curso 2019-2020 para o 2º Ciclo de Educación Infantil, Primara e Especial.

Leer más
Compartir: