XUNTA DE GOBERNO

Luz verde ao proxecto modificado da Finca do Espiño

20/01/2020

A Xunta de Goberno local aprobou o devandito proxecto por importe de 1.460.000 euros. Entre outros asuntos, tamén se acordou a redacción dun novo prego para a implantación dun servizo de atención á infancia no espazo educativo e de lecer María Miramontes.

Leer más

ALCALDÍA

A redución do período de pago a 28,6 días permitirá ao Concello destinar superávit a financiar actuacións de cara ao Xacobeo 2021

17/01/2020

O Goberno municipal presentará a vindeira semana aos grupos municipais e á Comisión de Coordinación do Xacobeo 2021 a primeira parte das actuacións vinculadas ao próximo Ano Santo, que se acometerán no ámbito do Casco Histórico. Así o anunciou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, quen indicou que o cumprimento do período medio de pago permitirá que boa parte do superávit dos orzamentos de 2019 se poida destinar a estas e outras actuacións con vistas ao Xacobeo, contemplándoas...

Leer más

CONSORCIO

A RFG ofrece "Romeo e Xulieta" con monicreques para escolares e familias

17/01/2020

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a escolares, o xoves 16 e o venres 17, ás 11:00 horas no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, repetirase a actuación para o público familiar. A batuta dos tres concertos levaraa o mestre Maximino Zumalave, director asociado da RFG. Os máis pequenos terán a oportunidade de desfrutar co Romeo e Xulieta de Shakespeare e música de Serguéi Prokófiev, xunto aos monicreques da compañía Per Poc.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde destaca a calidade do ensino impartido no Xelmírez I na inauguración dos actos do 175 aniversario do centro

17/01/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe á inauguración dos actos do 175 anos aniversario do IES Xelmírez I. O rexedor destacou a vinculación da historia deste instituto coa historia de Compostela e a calidade do ensino impartido dende que se creou. Tamén incidiu na importancia de "formar as persoas en valores, en compromisos co idioma e coa cultura, en valores que nos permiten –sinalou- manternos ao longo da vida nun mundo en permanente cambio".

Leer más
Compartir: