IGUALDADE

O Concello repudia o triplo asasinato de Valga e denuncia as mensaxes que "contribúen a xustificar a violencia de xénero"

17/09/2019

A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista de tres mulleres este luns en Valga (Pontevedra). Ademais, leuse unha declaración institucional, asinada polos catro grupos municipais, en solidariedade coas vítimas e en apoio ás mobilizacións feministas convocadas para o 18 de setembro e á campaña #EmerxenciaFeminista, promovida con motivo da acción prevista para o 20 de setembro.

Leer más

ALCALDÍA

Parabéns muncicipais aos xogadores do Santiago Futsal campións de Europa sub-19

17/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Néstor Valle, Álvaro Recio e Adrián Rodríguez, xogadores do Santiago Futsal que o pasado sábado se proclamaron campións de Europa coa Selección Española Sub-19. No acto tamén participaron a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; os voceiros do PP, Alejandro Sánchez-Brunete; Compostela Aberta, Martiño Noriega; e BNG, Goretti Sanmartín, e a tamén concelleira nacionalista Navia Rivas.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia celebra este mércores un concerto gratuíto no Centro Sociocultural de Fontiñas

17/09/2019

A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG inicia esta semana un ciclo de concertos gratuítos en barrios emblemáticos da cidade compostelá, baixo a batuta do seu director titular e artístico, o mestre Paul Daniel.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

En marcha as aulas de lectura e de xogos dos centros socioculturais

17/09/2019

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, presentou a programación trimestral das aulas de lectura e de xogos dos centros socioculturais. Despois dun tempo sen ela, estes espazos (os máis nos CSC) volven ter unha programación específica, con numerosas actividades para todas as idades.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Mercedes Rosón explica a experiencia cultural de Santiago no IV Foro Iberoamericano de Alcaldes: Patrimonio Vivo

17/09/2019

A concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, e de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou hoxe na mesa redonda "Desenvolvemento produtivo con inclusión: o rol das industrias creativas e culturais na economía local", que se tivo lugar no marco do IV Foro Iberoamericano de Alcaldes: Patrimonio Vivo, que se celebra en Sevilla. Durante a súa intervención, sinalou que en Compostela, cultura e patrimonio levan séculos "intimamente relacionados. E é aí onde estamos traballando, nesa simbiose....

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde condena os asasinatos de Valga (Pontevedra) e alenta a seguir denunciando a violencia machista

16/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, comezou a súa rolda de prensa sobre a Xunta de Goberno deste luns lamentando e condenando os asasinatos acontecidos hoxe en Valga (Pontevedra), nos que tres mulleres perderon a vida a mans da ex parella dunha delas. Mañá martes, ás 12:00 horas, haberá un minuto de silencio na praza do Obradoiro en repulsa por estes tres asasinatos machistas.

Leer más

ALCALDÍA

Xuntanza coa Asociación de Veciños de Guadalupe

16/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu unha representación da Asociación de Veciños "A Ponderosa", do barrio de Guadalupe, encabezada pola súa presidenta, Isolina Barreiro. No encontro trasladáronlle as demandas máis urxentes para a zona.

Leer más

MEDIO RURAL E PROMOCIÓN ECONÓMICA

O FICRURAL 2019 acollerá o V Festival Internacional de Cine Rural de Galicia

14/09/2019

O Festival Internacional de Cine Rural de Galicia, único festival específico de cine rural que hai en Galicia, é un espazo para a divulgación e exhibición de curtametraxes documentais e de ficción, cunha temática relacionada co medio rural e coa recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo. Incluído na programación do FICRURAL 2019, trátase dun proxecto de Arraianos Producións e Lareira Pop, que conta co financiamento do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación...

Leer más

ALCALDÍA

O proxecto básico da futura intermodal será presentado a finais deste mes

13/09/2019

O proxecto básico da futura estación intermodal de Compostela será presentado este mes de setembro, segundo anunciou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, tras a xuntanza que mantivo este venres co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os demais voceiros municipais. Logo, o rexedor e o delegado visitaron as obras realizadas por Adif na estación de ferrocarril de adecuación á chegada do AVE.

Leer más
Compartir: