ALCALDÍA

Amplíase o espazo para a instalación de "foodtrucks" á zona da Carballeira do Banquete de Conxo durante a Festa

16/05/2022

As persoas interesadas en instalar postos de foodtruck no espazo cedido polo Sergas na zona de aparcamento da rúa Ramón Baltar e na Carballeira do Banquete o vindeiro 22 de maio, co gallo da celebración da III Festa do Banquete de Conxo, poderán solicitar ata o 18 de maio as autorizacións correspondentes para a ocupación da vía pública. O espazos habilitados poderá acoller un máximo de vinte postos, que serán autorizados respectando a orde de presentación no rexistro.

Leer más

MOBILIDADE

O próximo 19 de maio terá lugar un simulacro de sinistro no túnel de Cornes-Hórreo

16/05/2022

O Concello de Santiago en colaboración co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA) vai levar a cabo un simulacro de actuación e coordinación entre todos os servizos implicados (emerxencias, bombeiros, sanitarios, policía local, xestores do túnel, protección civil...) ante un sinistro que implicaría a extinción dun incendio e a evacuación de feridos e de usuarios do túnel de Cornes-Horreo na SC-20, que une o Polígono do Tambre co Milladoiro.

Leer más

EDUCACIÓN

A VII Mostra Musical do Eixo Atlántico reflicte en Ferrol o alto nivel dos novos intérpretes da Eurorrexión

16/05/2022

36 solistas e 8 agrupacións procedentes de Galicia e do Norte de Portugal participaron nesta edición. O principal premio da Mostra leva o nome de Xosé Manuel Rodríguez-Abella, pedagogo que foi xefe do Departamento de Educación de Santiago durante máis de trinta anos, e un dos pioneiros nos procesos socioeducativos impulsados polos Concellos galegos, recaeu sobre a directora da Orquestra do Conservatorio de Santiago, Carmen Ferreiro.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de limpeza en edificios e instalacións municipais para os próximos tres anos

16/05/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de limpeza en edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago de Compostela, por un importe base de licitación de 4.864.061,76 euros, IVE engadido, e un periodo de tres anos. Dos acordos adoptados informou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Leer más
Compartir: