COMERCIO

Os establecementos comerciais e hostaleiros de Santiago poden adherirse dende o 17 de setembro á campaña de bonos "Corazón Compostela"

16/09/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte presentaron esta mañá a campaña de incentivación do cunsumo "Bonos Corazón Compostela". Estiveron acompañados por representantes das asociacións de comerciantes Santiago Centro, Compostela Monumental, Comercio Punto Compostela, Em-Rede, Área Central, Ourives de Compostela; así como pola Asociación de Hostalería Compostela.

Leer más

MOCIDADE

O Centro Xove de Creación Cultural pon en marcha as actividades para o curso 2021/2022

16/09/2021

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe a programación do Centro Xove de Creación Cultural, localizado na Almáciga, para a tempada 2021/2022, que abrangue os meses de setembro a xuño. Un programa que combina formación, ocio, e distintos servizos con alta demanda entre a xente moza, entre eles tres locais de ensaio para bandas, un estudo de gravación, unha ludoteca ou un servizo de mediación de proxectos culturais. Tamén conta cun grupo de teatro e cun coro.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A Real Filharmonía de Galicia presenta a nova temporada 2021-2022 co lema "Viaxes"

16/09/2021

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada 2021-2022, na que se continuará coa celebración do seu 25º aniversario (1996-2021). Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel -vía vídeo-; a directora técnica da RFG, Sabela García; xunto ao...

Leer más
Compartir: