ACCIÓN CULTURAL

Fotos inéditas e citas literarias para os 22 espazos nos que se divide o itinerario do roteiro de Valle-Inclán presentado hoxe

21/04/2021

O Concello de Santiago acolleu hoxe a presentacion do folleto que describe o itinerario do roteiro "Valle-Inclán por Santiago de Compostela. Rosa mística de pedra". Un itinerario que incorpora novidades, como fotos inéditas, e 22 citas do autor relacionadas cos 22 espazos nos que se divide o roteiro. Na presentación interviron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; Xaquín del Valle-Inclán, investigador e neto do literato; Pilar Sampedro, en representación do Ateneo de Santiago, e Antonio González...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Santiago de Compostela convértese na primeira cidade galega que aposta por RECICLOS, o sistema que recompensa por reciclar no colector amarelo

21/04/2021

Máis de 97.000 veciños de Santiago de Compostela poderán obter premios sustentables de carácter comunitario e social ao reciclar as súas latas e botellas de plástico de bebidas nos case 600 colectores amarelos situados na vía pública. Trátase dunha iniciativa conxunta do Concello de Santiago, Xunta e Ecoembes, que hoxe presentaron en Santa Marta Mila Castro, concelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns do Concello de Santiago de Compostela; Ángel Hervella, director de...

Leer más

XUVENTUDE

O Centro Xove incorpora un novo curso á actual oferta formativa sobre deseño gráfico e edición de fotos

21/04/2021

O Centro Xove da Almáciga acaba de abrir un novo curso en-liña, "Deseño gráfico e edición de fotos para principiantes" que se une aos de "Curiosidades guitarriles", e "Laboratorio coral 2: I can`t help falling in love" que se foron incorporando nas últimas semanas. A programación para este ano contempla 2.064 horas de formación, fronte ás 690 impartidas en 2020; ás 482 de 2019 ou as 496 horas programadas en 2018.

Leer más
Compartir: