ACCIÓN CULTURAL

Acción Cultural traballa na reprogramación dos espectáculos suspendidos polo estado de alarma

31/03/2020

A Concellaría de Acción Cultural está traballando na reprogramación dos espectáculos suspendidos a causa do estado del alarma decretado por mor do COVID19. Para non impactar no que está planificado no segundo semestre, están intentando axendalas para o mes de xullo, e no caso de que as restricións se alonguen, para o mes de agosto, e incluso para setembro.

Leer más

ALCALDÍA

Asinado o convenio de colaboración entre o Concello e as asociacións de taxis para a prestación do servizo a persoas en situación de vulnerabilidade

31/03/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou hoxe o convenio de colaboración entre o Concello, a Asociación Compostelana de Autotaxi, e a Asociación de Profesionais do Taxi, para a prestación do servizo de transporte no termo municipal a persoas en situación de vulnerabilidade social. Na sinatura do documento tamén estaban presentes a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e o responsable de Mobilidade, Gonzalo Muíños.

Leer más

EDUCACIÓN

Prorrogado o prazo de envío de obras para o XIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

31/03/2020

O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora, que convocan o XIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, comunican que, ante a pandemia mundial de COVID-19, prorrogáse o prazo de envío de obras que finalizaba, inicialmente, o 30 de abril de 2020. A data definitiva comunicarase o propio 30 de abril, a través das respectivas páxinas web do Concello de Santiago de Compostela e de Kalandraka Editora, así como das súas correspondentes canles nas redes sociais. A...

Leer más
Compartir: