ALCALDÍA

O alcalde amosa o seu apoio ao sector da hostalería

28/10/2020

Xosé Sánchez Bugallo e outros membros dos distintos grupos políticos da Corporación municipal apoiaron a reinvindicación do sector da hostalería no seu conxunto, que reclamou axudas directas para poder facer fronte ás consececuencias derivadas das medidas restritivas dictadas para frear o avance da covid cunha concentración na praza do Obradoiro.

Leer más

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Posta en marcha do servizo de notificacións electrónicas o vindeiro luns 2 de novembro

28/10/2020

O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o servizo de notificación electrónica mediante comparecencia na sede electrónica, un sistema seguro, cómodo e eficaz que substituirá, para os colectivos obrigados legalmente e para quen así o elixa, a notificación en papel por correo postal. A este sistema, poderán acollerse, segundo sinalou a concelleira de Economía, Marta Abal, "as persoas xurídicas que se relacionen co concello" compostelán e "as persoas físicas que así o...

Leer más
Compartir: