POLÍTICAS SOCIAIS

Achega municipal de 200.000 euros a cinco entidades sociais

01/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asinou os convenios de colaboración correspondentes a 2020 coas entidades sociais FEAFES, Banco de Alimentos, Xoán XXIII, Cruz Vermella e Fundación Andrea.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Santiago recolle o premio "Aire limpo" que a acredita como a cidade coa mellor iniciativa destinada a incrementar a calidade do aire dos seus habitantes

01/10/2020

Santiago de Compostela recibiu hoxe o galardón do II Premio Aire Limpo, organizado pola Plataforma X Aire Limpo, que a acredita como a cidade menor de cen mil habitantes máis comprometida coa calidade do aire que respiran os seus cidadáns e cidadás. O fallo do xurado- formado por investigadores de prestixio e asociacións profesionais da calidade do aire- coñeceuse en xuño deste ano, pero a entrega do galardón realizouse hoxe.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Este sábado 3 de outubro chega o jazz aos barrios da Peregrina, O Romaño e Vista Alegre

01/10/2020

Jazz da Rúa Nova é un programa que se desenvolverá nas marxes do Jazz valorizando o patrimonio musical local ao redor deste estilo. Terá lugar o vindeiro 3 de outubro nos barrios da Peregrina e do Romaño/Vista Alegre. Roteiro con intervencións artísticas, palestra sobre o jazz en Compostela, unha performance e un concerto para presentar un novo proxecto coa revisión das cantigas medievais en clave jazzística. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou a segunda edición do festival Jazz da...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A asemblea de REDEL, entidade da que forma parte o concello de Santiago, recoñece o importante papel xogado desde o inicio da pandemia polas entidades locais

01/10/2020

A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, da que forma parte o Concello de Santiago de Compostela, recoñece, na asemblea xeral celebrada onte e hoxe o importante papel xogado polas entidades locais desde o inicio da pandemia. O conxunto de entidades locais participantes no encontro, que se desenvolveu telemáticamente, mostraron un compromiso decidido pola reactivación económica e social dos seus municipios axudando a paliar o impacto negativo da pandemia en empresas, emprendedores, persoas desempregadas e no conxunto do territorio.

Leer más
Compartir: