MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Policía Local e Garda Civil realizaron 359 probas de alcoholemia e drogas na mañá do 1 de xaneiro, co resultado de 15 positivos

03/01/2020

Continúa a colaboración entre a Policía Local e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela na realización de controis preventivos de alcoholemia e drogas. Nun dispositivo conxunto, desta vez axentes de ambos corpos realizaron 359 probas entre as 7:00 e as 12:00 horas do mércores 1 de xaneiro.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello recorrerá ante o Supremo a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid sobre as estatuas do Mestre Mateo

03/01/2020

Así o anunciou hoxe o alcalde da cidade tras falar co director da asesoría xurídica, Manuel Cutrín, e o avogado que está a representar ao Concello de Santiago neste proceso, Xaquín Monteagudo. A entidade municipal interporá antes do 20 de xaneiro, data na que remata o prazo, un recurso de casación ante o Tribunal Supremo ao considerar que hai "causa e caso".

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

Cinco novos axentes incorpóranse á Policía Local

03/01/2020

Hoxe pola mañá foron recibidos no Pazo de Raxoi polo alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o xefe da Policía Local, José Ramón Silva.

Leer más
Compartir: