EDUCACIÓN

Publicada a listaxe de admitidos/as no Programa de Conciliación de Verán para os días 9 e 10 de setembro

04/09/2019

A Concellaría de Educación vén de publicar a relación de admitidos e excluídos para os días 9 e 10 de setembro no Programa Muncipal de Conciliación Escolas de Verán 2019. Debido a que non se acadou o número mínimo de matrículas para a realización do programa nos dous centros propostos, os días 9 e 10 só se prestará o servizo no CEIP Monte dos Postes, que foi o que máis número de solicitudes recibiu.

Leer más

ALCALDÍA E MEDIO RURAL

O FICRURAL converterá Santiago na capital da economía e da cultura rural do 22 ao 28 de setembro

04/09/2019

Santiago de Compostela converterase na capital da economía e da cultura rural e alternativa de Galicia grazas á celebración do I Foro Internacional da Economía e Cultura Rural (FICRURAL). A cita é do 22 ao 28 de setembro na Fundación Laboral da Construción e noutros espazos da cidade e do rural compostelán, onde se desenvolverán outras actividades ao longo do mes de setembro. FICRURAL está organizado polo Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.

Leer más

EDUCACIÓN

Arrincou o curso nas escolas infantís municipais

04/09/2019

O pasado luns, 2 de setembro, deu comezo o comezo do curso escolar 2019-2020 nas escolas infantís de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, coas xuntanzas para explicar ás familias o funcionamento dos centros e iniciar así as actividades.

Leer más
Compartir: