ALCALDÍA

O alcalde participa na apertura do III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia, que se celebra en Santiago

27/06/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na apertura do III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia, CIAG, que se desenvolve durante toda a xornada na cidade da Cultura. O obxectivo do encontro é aportar coñecemento sobre o futuro do sector, as oportunidades que ofrece o soporte a aeronaves en servizo, e os proxectos que se están desenvolvendo no ámbito das naves non tripuladas.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

A concelleira de Políticas Sociais recibe un grupo de persoas xordocegas que rematou hoxe o camiño de Santiago

27/06/2019

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, recibiu hoxe na praza do Obradoior as persoas con xordocegueira e os seus mediadores tras finalizar un tramo do Camiño de Santiago. Trátase dunha inciativa organizada por FESOCE, a Federación Española de Sordo Ceguera, e Xoga, a Asociación de Discapacidade Sensorial de Galicia. Na recepción tamén estaban presentes os concelleiros Alejandro Sánchez-Brunete, do grupo popular; Martiño Noriega, de Compostela Aberta; e Navia Rivas, do BNG.

Leer más
Compartir: