ALCALDÍA

A Xunta de Voceiros reúnese para preparar o pleno de organización deste venres

25/06/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, trasladoulles esta mañá a súa proposta aos os voceiros dos grupos con representación na corporación, Agustín Hernández (PP), Martiño Noriega (CA), Goretti Sanmartín (BNG) e Sindo Guinarte (PSOE). Na mesma establécese que o grupo de goberno, o PSOE, tería dez dedicacións exclusivas: a do alcalde máis nove concelleiros. O PP tería dúas; Compostela Aberta, 1,64; e o BNG, unha.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A Real Filharmonía de Galicia presenta a nova temporada 2019-2020 co lema "En movemento"

25/06/2019

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada de abono 2019-2020 na súa sede, o Auditorio de Galicia, que celebra o seu 30 aniversario. Asistiron o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O Proxecto Youtubeir@s celebra este venres en Santiago o encontro 'Lista de reprodución ao vivo' entre a comunidade creadora dixital e o público

25/06/2019

O Proxecto Youtubeir@s, organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua, celebra neste 2019 a súa terceira edición baixo o lema Conéctate á comunidade e multiplícate. Con esta máxima, o Proxecto Youtubeir@s busca...

Leer más
Compartir: