TURISMO

O certame Santiago(é)Tapas celebrará a súa final do 6 ao 8 de decembro con 12 propostas a concurso

02/12/2019

Un total de 12 tapas, dúas máis das inicialmente establecidas nas bases do concurso, competirán na gran final do XII Santiago(é)Tapas que se celebrará os días 6, 7 e 8 de decembro. Así o decidiu a organización en consenso co xurado profesional que percorreu os locais participantes, xa que había unha escasa diferenza de puntuacións entre varios candidatos, mostra do excelente nivel das propostas presentadas nesta edición.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Auditorio acolle este mércores unha nova edición da gala aRi[t]mar

02/12/2019

O certame aRi(t)mar, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, traerá este mércores 4 de decembro, ás 21:00 horas, ao Auditorio de Galiza ás gañadoras desta edició: Tanxugueiras, Os Azeitonas, Susana Aríns, Marta Chaves e Uxía, ademais da actuación Carlos Blanco. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Leer más

PRESIDENCIA

O Smartiago celebrou unha sesión informativa sobre a Consulta Preliminar ao Mercado para empresas e axentes de innovación

02/12/2019

Máis de 80 empresas e axentes de innovación asistiron este luns ao taller informativo celebrado no edificio Cersia e no que se abordaron as características do proxecto Smartiago e dos tres retos propostos, que se presentaron na Xornada de lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado o pasado xoves 21 de decembro no Hostal dos Reis Católicos en Santiago.

Leer más
Compartir: