PLENO

O Pleno dá o visto bo a suplementos de crédito por 7,5 millóns de euros para pagos pendentes e amortización de débeda

15/07/2019

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou en sesión extraordinaria dúas propostas de suplemento de crédito e crédito extraordinario presentadas pola concelleira delegada de Economía e Facenda, Marta Abal. Dunha banda, deuse o visto bo a un suplemento de crédito de 1.524.572,77 euros e a un crédito extraordinario de 287.541,51 euros para pagos pendentes e, da outra, a un suplemento de 5.708.776,90 euros destinado a pago de débeda bancaria.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as bases da convocatoria de máis de 2,3 millóns de euros en axudas para actuacións nas ARI

15/07/2019

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns as bases e a convocatoria de subvencións á rehabilitación no ámbito das catro áreas de rehabilitación integral (ARI) coas que conta a cidade: Casco Histórico, Vista Alegre, grupo de vivendas Compostela e Quiroga Palacios (Pontepedriña) e Vite. En total, son 2.310.000 euros que servirán para financiar 237 actuacións nestes ámbitos.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía ofrece un concerto gratuíto na igrexa de San Martiño Pinario

15/07/2019

A igrexa de San Martiño Pinario será o escenario do vindeiro concerto da Real Filharmonía de Galicia. Será este venres, 19 de xullo, ás 21:00 horas. Esta iniciativa, que é gratuíta ata completar aforo, enmárcase no propósito da RFG de achegar a música clásica e a orquestra a diferentes puntos da cidade e a públicos diversos. A batuta levaraa o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da orquestra.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio toma medidas para protexer as colonias de aves e quirópteros que habitan no tellado da igrexa de Santa María de Marrozos

15/07/2019

O Consorcio de Santiago está a intervir na igrexa de Santa María de Marrozos, situada na parroquia homónima. As obras, que se centran nas cubertas e nas fachadas do inmoble, tiveron que pararse durante dúas semanas debido á presenza de especies protexidas que aniñan no seu tellado, co propósito de non afectar o seu ciclo natural.

Leer más
Compartir: