DEREITO Á VIVENDA

O Concello crea unha bolsa municipal de vivendas baleiras para o alugueiro

13/07/2017

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade anunciou hoxe a creación dunha bolsa municipal de vivendas baleiras, dispoñibles para o alugueiro. Jorge Duarte explicou que esta iniciativa, que mañá recibirá o visto bo da Xunta de Goberno, "supón un paso máis dentro do programa AVIVA, o Plan de Mobilización da Vivenda Baleira no que o Departamento leva meses traballando cun dobre obxectivo: poñer en valor a cidade construída, e facilitarlle o acceso a unha vivenda digna ás persoas...

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Continúan as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Verán

13/07/2017

O CEIP Raíña Fabiola e o CEIP As Fontiñas acollen por terceira semana as actividades do Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017. A longo dos meses de xuño, xullo e setembro van a participar nesta iniciativa 204 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

Leer más

HOMENAXE

Un espectáculo musical galego-cubano liderado por Alejandro Vargas e Rosa Cedrón recordará ao compositor Chané

13/07/2017

Un gran espectáculo musical galego-cubano recordará ao compositor José Castro González "Chané", no centenario do seu pasamento. Unha selección de músicos de varias nacionalidades, liderados polo pianista cubano Alejandro Vargas, xunto coa voz de Rosa Cedrón, ofrecerán una visión nova e libre de prexuízos das populares músicas dun dos compositores imprescindibles da historia da música galega. Chané é un dos compositores galegos imprescindibles de fins do século XIX e...

Leer más
Compartir: