MOCIDADE

Ábrese a inscrición para unha nova edición de "Compostela en Escena"

04/10/2017

A concelleira de Mocidade, Noa Morales, e o actor e director teatral Artur Trillo presentaron o novo calendario e formato do programa Compostela en Escena, incluido nas actividades deste trimestre do Centro Xove da Almáciga. Dende hoxe mesmo e ata o día 11 estará aberto o prazo de inscrición para as tres modalidades do programa: teatro, canto e danza.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Homenaxe ao botánico Baltasar Merino no Día da Ciencia en Galicia

04/10/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu hoxe ao acto de colocación dunha placa na honra do botánico e meteorólogo Baltasar Merino, no centenario do seu pasamento, con motivo do Día da Ciencia en Galicia. O acto, organizado pola Real Academia Galega das Ciencias en colaboración co Departamento municipal, tivo lugar no Parque das Ciencias "Isidro Parga Pondal" (San Roque).

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto presenta a retrospectiva de F. J Ossang

04/10/2017

A décimo cuarta edición de Curtocircuíto dedicará esta semana unha retrospectiva ao director francés F.J Ossang, un artista underground, incapaz de limitar a súa creatividade a unha soa disciplina, cun estilo inconfundible que combina punk, situacionismo, film noir e ficción post-apocalíptica. Cineasta de actualidade, galardonado co premio á Mellor Dirección na pasada edición do Festival Internacional de Cine de Locarno, foi definido por Joe Strummer (The Clash) como "o único director co que...

Leer más

ALCALDÍA E MEDIO RURAL

O alcalde e Ferusa acordan impulsar un "pacto polo rural" que garanta o reequilibrio territorial

04/10/2017

O alcalde e Ferusa acordaron avanzar nun "pacto polo rural", que defina "un mínimo de investimentos nas parroquias co obxectivo de garantir o reequilibrio territorial". Foi no transcurso da reunión que Martiño Noriega mantivo hoxe coa directiva da Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago, e na que tamén participou o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial, Rafael Peña.

Leer más
Compartir: