FESTAS

As obras na terraza de Raxoi non permitirán realizar este ano a recepción veciñal con motivo dos fogos fin de festa

31/07/2017

Rematan as festas do Apóstolo máis descentralizadas dos últimos anos cunha xornada que vén marcada pola música e os fogos fin de festa, tradicionalmente coñecidos como "fogos pequenos". Nesta ocasión, debido aos traballos que se están a realizar no patio oeste do Pazo de Raxoi, non se poderá realizar a recepción veciñal, tras a cal os/as asistentes presenciaban estes fogos fin de festa dende as terrazas, agora ocupadas polas obras.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Feito a Man aumenta a súa programación e acolle case 80 espectáculos do 3 ao 30 de agosto

31/07/2017

Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. O Concello de Santiago colabora na décimo cuarta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, que terá lugar do 3 ao 30 de agosto, con máis días de programación, máis concertos e máis artistas.

Leer más

FACENDA

Remata esta noite o prazo para apoiar as propostas aos orzamentos participativos

31/07/2017

O proceso dos orzamentos participativos Compostela Decide segue o seu curso. Hoxe ás 23:59 remata o prazo para apoiar as propostas achegadas pola veciñanza. As máis apoiadas pasarán a ser avaliadas nos vindeiros días polos servizos municipais para comprobar que son viables tecnicamente e determinar o seu custo. Será en setembro, a partir do día 22, cando as persoas rexistradas poidan votar finalmente as propostas de investimentos e actividades que consideren máis necesarias para Santiago.

Leer más
Compartir: