MEDIO AMBIENTE

A veciñanza de Galeras xa ten ao seu dispor un renovado parque infantil

10/05/2017

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou esta mañá o novo parque infantil de Galeras, aberto ao público dende o pasado venres. O edil mostrouse satisfeito coa boa acollida que está a ter esta nova área de xogos, "renovada por vez primeira despois de 14 anos, grazas a un investimento de preto de 75.000 euros".

Leer más

COMERCIO

Área Central acolle unha nova edición da Feira Caravaning Compostela

10/05/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada de Sara Castedo, adxunta á xerencia de Área Central; Manuel Ángel Fernández-Arruty, presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, e David Abelenda, xerente de Autocaravanas Costa da Morte, presentou a IV edición da Feira Caravaning Compostela, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de maio en Área Central.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Xornada de divulgación sobre a problemática da contaminación luminosa

10/05/2017

Este sábado, 13 de maio, terá lugar no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) unha xornada de dilvulgación sobre a problemática da Contaminación Luminosa, que comezará pola mañá cun obradoiro para rapazas e rapaces maiores de 7 anos e rematará pola tarde cunha charla-coloquio na que expertos no tema nos achegarán á orixe desta problemática, ás súas consecuencias e ás posibles solucións.

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade en Milán, Bolonia e Padua

10/05/2017

Turismo de Santiago participa esta semana nunha acción de promoción organizada pola Oficina Española de Turismo en Milán, que permitirá presentar a cidade aos profesionais do sector do norte de Italia. A acción desenvolverase nas cidades de Milán, Bolonia e Padua, tres das grandes cidades do norte italiano.

Leer más
Compartir: