XUNTA DE GOBERNO

Aprobados os estudos de detalle das ARIS de Vite e de Pontepedriña

22/12/2017

A Xunta de Goberno aprobou hoxe, de maneira inicial, catro dos cinco estudos de detalle da Área de Rehabilitación Integral de Vite, así como o estudo de detalle da ARI de Pontepedriña. Trátase dos documentos que establecen os criterios de intervención para a instalación de ascensores, así como para outras actuacións que busquen mellorar tanto as condicións de accesibilidade dos edificios como a eficiencia enerxética. Os estudos de detalle serán sometidos a exposición pública polo prazo dun mes,...

Leer más

CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle "Parafernalia", unha mostra retrospectiva da obra do escultor César Lombera

22/12/2017

A Casa do Cabido acolle a exposición Parafernalia, unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera. Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio autor, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.

Leer más

INFORMÁTICA

Ábrese a licitación do proxecto da Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable, no que participa Santiago

22/12/2017

A entidade pública Red.es, dependente do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, vén de abrir o procedemento de licitación da Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable. Trátase dun proxecto no que participa Santiago, xunto cos concellos de Madrid, A Coruña e Zaragoza, e que foi un dos beneficiarios da II Convocatoria de Cidades Intelixentes da Axenda Dixital para España.

Leer más
Compartir: