XUNTA DE GOBERNO

O Goberno destinará case 350.000 euros ao arranxo da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios

30/11/2018

A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios, unha actuación na que se van investir case 350.000 euros. O alcalde recordou que "nestas instalacións véñense rexistrando incidencias de maneira reincidente, relacionadas sobre todo coas filtracións de auga". Martiño Noriega apuntou que "estas obras son especialmente necesarias porque a cuberta do pavillón funciona tamén como patio de recreo do CEIP, que vén de celebrar o seu 50...

Leer más

MOBILIDADE

Balance positivo dos primeiros meses da municipalización da ORA

30/11/2018

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade fixo hoxe balance da xestión directa da ORA e do guindastre por parte da empresa municipal Tussa, cando teñen pasado cinco meses dende a municipalización do servizo. Jorge Duarte mostrou a súa satisfacción porque "este período de adaptación ten transcorrido sen incidencias maiores e sen que a calidade do servizo se vira diminuída, salvo nos primeiros días de transición, no mes de xuño". Adiantou tamén que o Goberno...

Leer más
Compartir: