CONSORCIO

A RFG achega aos nenos e nenas "O crebanoces" de Chaikovski xunto á compañía de monicreques Per Poc

07/11/2018

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de Primaria, mañá xoves e o venres, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, repetirase a actuación para o público infantil e familiar dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. É a primeira das tres series de concertos didácticos que a orquestra ten programadas para esta temporada.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa vende 232 bonos do festival no primeiro día

07/11/2018

O Festival Internacional Cineuropa, que organiza o Concello de Santiago, implantou un novo sistema de vendas que permite a compra de bonos para 10 películas por internet. Dende onte ás 15:30 horas, a través da páxina de venda de billetes municipal, compostelacultura.gal, é posible comprar entradas para todo o festival, así como os clásicos bonos de 10 películas.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde visita as instalacións da empresa Televés en Conxo

07/11/2018

O alcalde visitou esta mañá as instalacións da empresa Televés en Conxo. Durante o percorrido, no que tamén participou a concelleira Marta Lois, Martiño Noriega estivo acompañado polo director xeral corporativo de Televés, Santiago Rey, e polo secretario xeral da corporación, Jorge Lorenzo.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O cineasta Isaki Lacuesta recibe o Premio Cineuropa 2018

07/11/2018

Nesta segunda xornada do festival, Cineuropa renderá unha necesaria homenaxe ao cinema indomeable e transfronteirizo de Isaki Lacuesta —máis valioso que nunca nun mundo que levanta por todas partes muros de odio—, outorgándolle o primeiro dos tres premios desta edición. A cerimonia de entrega do premio terá lugar ás 20:15 horas no Teatro Principal. O acceso é gratuíto previa recollida de convite no despacho de billetes da mesma sede.

Leer más
Compartir: